martes, 28 de julio de 2015

As "Alucinacións Acústicas" de Camarada Nimoy


Mentres dábamos nosos primeiros pasos como blog alá por xuño de 2014 descubríamos no festival Surfing the Lérez a unha banda que nos había namorar de tal modo que pouco mais de un ano despóis recibimos como un agasallo caído do mesmo ceo este segundo traballo que segue a liña de progresión da que probablemente sexa a formación mais innovadora da escena músical galega e probablemente nacional.










O disco como vos diciamos segue a tendencia marcada polo seu predecesor, sonidos espaciais dificiles de describir e que eu so me atrevo a definir como eles mesmos dirían como un Artefacto sonoro. Iso e este "Alucinaciós Acústicas", e como para un servidor e case imposible de explicar o que este fermoso vinilo laranxa esconde no seu interior, optamos por preguntarlle a Paulo Pascual Castro, santo e seña deste apaixonante proxecto chamado Camarada Nimoy.









Dende aquí non podemos negar que somos moi fans da música de Camarada Nimoy, pero sempre temos dificultades a hora de escribir sobre vos para describir con adxectivos o que facedes. ¿Cómo definirías ti o voso son e cales son vosas principales influenzas? 
Ola! primeiro grazas por seguirnos dese xeito!! mola moitísimo saber que sen ter canles de difusión nin rollo mega-pro podes chegar a xente e que goce así da túa música. Pois cos adxetivos sempre pensamos que esa é labor da xente que escribe publicacións sobre o que facemos, nós, presentámonos habitualmente cunha negación: non somos unha banda de surf, de swing, de psicodelia... pero gustanos todas e cada unha desas movidas. O noso son é unha ensalada instrumental pasada polo filtro das nosas posibilidades e manías sonoras, unha porta aberta a nosa necesidade de expresarnos co que temos dun xeito instrumental non demasiado estereotipado.

Non hai dubida de que os cambios que sufríu a formación durante o último ano son moitos. Dende o paso de cuarteto a trío, pasando polo cambio na batería despóis da despedida do camarada Diego De Luis, pero escoitando este "Alucinación Acústicas" eses cambios apenas parecen afectar a frescura, a orixinalidade e a potencia deste novo traballo. ¿Foi dificil superar todos estes contratempos a hora da grabación?
Pois si; arrancamos sendo catro e por motivos laborais e de tempo Gonxtu baixou da nave; seguimos tocando (non pensamos en deixalo nunca) con él cando podía vir aos concertos e fixemos unha adaptación dos temas para trio e para cuarteto. Non formaba parte das nosas formulacións buscar sustitutos, e por ahí, sen querer empezamos a desenvolver unha proposta versátil; non é o máis sinxelo, pero é moi util ter distintos formatos de grupo para o directo. De feito despois do de Gontxu, Diego tamén andaba bastante pillado e como non podemos nin queremos parar, Pablo e eu montamos un dúo dándolle unha volta cara un son máis electrónico e experimental a vez que faciamos os temas do novo LP: "Alucinacións acústicas". Foi moi importante isto para que este disco saíra como saiu, posto que está gravado con 3 baterías diferentes e cousas que antes non facíamos coas que experimentamos no formato dúo. Tras gravar o disco; tiñamos que contar con alguén para defendelo ao vivo, e como Diego non podía, falamos con Kino; que xa tiña tocado con nós a formato trío nunha minixira feita cunha C15 por Portugal hai dous anos. Dalgún xeito non hai ninguén novo na banda agora, ata pode ser que algún reapareza hahaha, pero si que é ben certo que así ao tonto houbo moitos cambios que pensamos puxeron a proba a estabilidade do noso artefacto. Somos un pouco como a historia da árbore torta de Tom Waits; na que esa árbore é a que sobrevive cando as demáis arbores "aparentemente más guapas" son taladas posto que ela parece no interesar a ninguén, e alí segue e seguirá crecendo estraña e forte. Levamos relativamente pouco tempo como banda, pero xa deixamos na cuneta grupos que empezaron a vez que nós moi interesantes, é unha pena.

Falabas antes do formato dúo xunto a Pablo, na que era sen dubida a formación máis experimental da banda onde este artefacto sonoro alcanzaba sua forma mais "espacial". ¿Seguiremos disfrutando deste formato ou queda aparcado indefinidamente para defender os novos temas en directo?
Neste momento imos aparcalo posto que estamos dándolle o repertorio do novo disco e iso é prioritario de aquí a unha tempada, pero tampouco imos prescindir de facer este tipo de variacións no futuro posto que comprobamos que son enriquecedoras e fannos romper barreiras e tirar sempre adiante. De feito tamén tocamos recentemente cun formato dúo batería - guitarra e tamén sacamos de ahí cousas que non fixeramos para o novo repertorio do LP que lle estamos agora a dar cera.

Queda claro que Camarada Nimoy e algo mais que música. O fenomenal traballo de deseño do disco, as ilustracións e os textos que acompañan o magnífico vinilo laranxa demostran o entusiasmo e a dedicación para poder ofrecer algo que entre polo oído pero que tamén se poida palpar. Creo que conseguides que a música se volva algo físico con todo este traballo e iso e de agradecer xa que estes "extras" axudan a comprender o artefacto sonoro que e Camarada Nimoy, ¿pero van nacendo xunto coa música no proceso de creación, están na mente antes  de compoñer os temas ou son fruto da escoita das composicións?
Hei! novamente moitísimas grazas antes de respostar!! pensamos que a música instrumental ten liña narrativa propia sen a necesidade dunha voz, e os debuxos valenos de ferramenta para evidenciar isto, forman parte do artefacto. Todo forma parte, os debuxos, as cubertas, a cor do vinilo, as proxeccións dos directos... As ideas ou historias de cada tema xurden case sempre antes de facer os temas; salvo algún caso, poucos... Os debuxos, non. Iso facemolo cando preparamos o deseño do disco.

Como mencionas na anterior resposta e habitual que nos directos vos acompañen unhas fantásticas proxeccións o fondo do escenario. Con todo este traballo de composición do disco e deseño do mesmo, ¿se traballou xa tamén en novas proxeccións para alimentar os temas de "Alucinación acústicas" nos concertos? E se e así, ¿en que vos inspirades a hora de asociar esas imaxes o tema?
Si, efectivamente, de feito traballamos nas proxeccións durante o proceso de composición, porque realmente xa pensamos sempre en cada tema como imaxes, idea, audio, etc... ainda que logo as cousas poden sufrir moitas variacións. É dificil dicir en que nos inspiramos para asociar imaxes a cada tema posto que traballamos moitas veces con sensacións e cousas nas que ese nexo pode ser jodidamente subxetivo, ainda que para nós si haxa unha relación.

No disco nos atopamos colaboracións de luxo como a de Lucas Fernández (Cool Funeral) a batería e Patricia Moon, unha vez mais poñendo as emocións a flor de pel co seu violín no tema que cerra o álbum como xa sucedera no primeiro LP. Pero o mais  destacable e que podemos escoitar por primeira vez un tema de Camarada Nimoy no que unha voz destaca sobre a música, nin mais nin menos que a voz de Silvia Penas (Cinta Adhesiva) recitando uns versos que son unha auténtica delicia para os sentidos. ¿Cómo valoras estas colaboracións?
Cando tiñamos que poñernos a ensaiar en plan spring os temas novos xa compostos para entrar no estudio a gravar, pensamos en Lucas posto que xa tiñamos coincidido en concertos con él e é un tio "depm" (para nós iso conta A MORTE) e un batería que parécenos que ten moito gusto e estilo, menteuse un tute con nós que non olvidaremos e fixoo moi moi guai. Tamén Kino, o batería actual prestouse a gravar sen previo ensaio dous temas, e tal e como esperábamos quedou moi guapo, xa imaxinábamos isto posto que temos tocado e coñecémonos musicálmente moito.
O tema de violín de Patricia foi unha cousa moi curiosa, gravamos unhas pistas dun xeito caseiro coa liña de Ostalgie co Harmophon (un instrumento de Pablo moi peculiar a cabalo entre un acordeón e un organo que vai embutido nunha maleta e so ten un botón de encendido e outro de apagado) e por riba metimoslle o violín que Patricia interpretou dun xeito moi moi expresivo. Despois dimoslle algunha pincelada de livianas percusións e de guitarra eléctrica e  decatámonos que tiñamos unha segunda parte dun tema ben interesante, que pareceunos estupenda para despedir o disco e inxerilo no vinilo tal cual a gravación caseira.
A voz e letra que fixo Silvia Penas para o tema "A luz teme o silencio" é sinxelamente xenial; Silvia encántanos recitando, escribindo e cantando e sabíamos que faría algo bo, pero superou as nosas espectativas. O texto, está cheo de imaxes e fala de como o sistema económico político social financeiro conseguiu deixarnos encerrados fóra, coma se quedásemos nun balcón e non puidésemos volver entrar para a casa. "Aí tes todo, tes o mundo eu sácoche o valor do afecto e todas as cousas polas que mola vivir e agora vive, atado ao tempo, ao traballo, etc"

Tras as enormes críticas que recibiu o primer LP e o voso show en directo, incluso a nivel nacional en medios tan importantes como o xenial programa El Sotano de Radio 3, ¿cales son os obxectivos que vos marcades para esta nova aventura?
Outra vez agradecemos o entusiasmo, pero igual quédanos grande isto! foi moi emotivo escoitar as boas criticas da minoría de xente a que unha proposta humilde como a nosa pode chegar. Certo é que a nivel cantidade, non imos sobrados non :)  pero dos que lle conseguimos empaquetar o disco, a verdade que foi flipante ver o moito que nos fixeron saber que lles gustara. Diego RJ de EL Sótano é alguén que seguimos moito e sempre ten mostrado interés en nós, cousa coa que quedamos mortos de gusto, tamén moito nos mola ver o numero de bandas galegas que pon no programa tan guapo que ten. Obxetivos polo de agora? pois arrancar a tocar co novo repertorio e levar o disco baixo o brazo por alí onde vaiamos,  tamén temos xa por diante unha nova "cousa especial" por facer en directo coa colaboracións de varios debuxantes. Gustaríanos tamén facer cando poidamos unha xira fora de Galiza, posto que polo de agora so abandonamola para ir a Portugal.

Xa para cerrar gustame preguntar por algunha anécdota de esas que surxen ao redor dos concertos ¿Se che ocurre algo peculiar que non comprometa a ninguén?
Pois unha guapa é rematar un concerto e escoitar que estivo  moi guai pero o son non estaba ben axustado: "notábase que a voz estaba moi atrás". Non era ninguén do concello de Vigo nin Abel Caballero como alguén podería imaxinar, non :)

Jajaja, pois mil grazas polo teu tempo e as tuas xeniais respostas Paulo. Moita sorte co disco camaradas.



Pois creo que non queda moito que decir, os que non teñades o disco ainda apurade pois e unha edición limitada de 320 copias numeradas. Podedes adquirilo no seu bandcamp, do que vos deixamos a continuación un enlace xunto co videoclip de "A luz teme o silencio". Nos xa o temos e estamos seguros de que será un dos discos do ano con diferencia.

Saude e ¡Rock & Soul & Things!

**Desculpas os nosos seguidores de fora de Galiza (se e que os temos) pero non éramos capaces de escribir sobre este disco en castelán.



No hay comentarios:

Publicar un comentario